Iniciar sesión

Galicia Aberta en Twitter Galicia Aberta en FacebookGalicia Aberta por RSS

Suscríbete por email:

Becas para a realización de estudios universitarios e de formación profesional

 

Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, pola que se establecen e se regulan os programas de becas destinados aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudios universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2008-2009.

Axudas e subvencións a programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior 2009

O obxecto deste programa é a concesión de axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para o exercicio 2009.

 

Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior 2009

O obxecto deste programa é a concesión de axudas ás entidades galegas no exterior para contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen durante o exercicio 2009.

 

Programa de viaxes para emigrantes "Volver á Terra" 2009

A  Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa  "Volver á terra", coa finalidade de que os emigrantes galegos maiores de 60 anos e con baixos recursos económicos, poidan reencontrárense coa súa terra e coa súa familia.

 

Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante 2009

A Secretaría Xeral da Emigración convoca a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega, no ano 2009.

 

Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009

A Secretaría da Emigración fai pública a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, así como o seu reforzo educativo, no ano 2009.

 

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro destinadas a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009

A Secretaría Xeral da Emigración convoca a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009.

 

Cursos de lingua galega na túa cidade 2009

Durante o ano 2008, a Secretaría Xeral de Emigración detectou un importante número de persoas interesadas no coñecemento e estudo da lingua galega non vinculados a centros galegos, polo que se considera que deben manterse os cursos que se veñen realizando nos centros, ao tempo que se debe ampliar a oferta a aquelas persoas interesadas no estudo da lingua galega non vinculadas a centros galegos.

 

Distribuir contido