Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

GaleríA Fotográfica: Carlos Penelas

En Bos Aires

Preto dun centenar de persoas
asistiron á presentación do libro
«Retratos». Entre elas, destacadas personalidades do mundo da
cultura arxentina como o escultor
Antonio Pujía, o Pintor Juan M.
Sánchez e o multifacético artista
boliviano Ponciano Cárdenas.

Orixes galegas

Carlos Penelas naceu na localidade bonaerense de Avellaneda, pero por el corre a sangue galega dos seus pais. Desde pequeno lle falaron da historia de Galicia e da situación Española, temas que lle serviron para reflexar na súa literatura.

Coma unha entrevista

Así se desenvolveu a charla que Carlos Penelas ofreceu con motivo da presentación
do seu último libro. Na imaxe, con Badi Lestani, quen participou de forma activa na charla.

O equilibrio estilístico

Para Carlos Penelas, o importante dunha obra «é sempre a súa forma». O autor procura sempre manter un equilibrio entre o estético, o estilítico e o ético.

Unha boa acollida

As palabras de benvida correron a
cargo da Secretaria da Delegación,
Amparo Castaño, e da Presidenta do
Centro Betanzos de Buenos Aires,
Beatriz Lagoa Veiga. Na imaxe, con
Badi Lestani falando de cara aos
asistentes á presentación de
«Retratos».

A ollada intelectual

Considerado polo grande público como
escritor e poeta, Penelas especializouse
nun xornalismo cultural, levando por iso
varios premios na categoría de mellor
cronista.