Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

Un estilo propio

Carlos Penelas é un escritor de lírica, pero tamén de narrativa, tal e como amosa no seu último libro. Un autor que cultiva varios xéneros e, polo tanto, que busca un equilibrio entre o estilo poético e o narrativo.

 

Para Penelas, o importante dunha obra «é sempre a súa forma». Entre a poesía e a narrativa do autor atópanse rasgos que os unen, pero tamén que os diferencian. Algunhas das características semellantes do Carlos Penelas poeta e o Carlos Penelas narrador son o estético, o estilístico e o ético. «A obra diferénciase sempre por un estilo que manifesta formación clásica. De alí veño».

Á hora de diferenciar ao narrador do poeta, Penelas é conciso. «É sinxelo: o poético xenera un cosmos». A pesar das semellanzas que poidan existir entre ambos os dous xéneros, «o poema tende ao universal, ao máis profundo da alma».

Penelas ten un estilo propio froito da súa educación e formación ao longo da súa vida. Precisamente por iso non ten un mentor específico a quen lembrar e agradecer os seus coñecementos a súa maneira de pensar, máis ben existen tantas persoas que Penelas non quere ser inxusto con elas.

Por iso, ademais do seu pai e da súa familia, o autor menciona ás persoas máis importantes para el: «Tiven a sorte de coñecer a Luis Franco, un dos escritores máis transcendentes da nosa América. Outro foi Héctor Ciocchini, latinista, profesor de estilística en Oxford. Hai máis: González Tuñón, Juan L. Ortiz, Ricardo Molinari, Enrique Molina». Cada unha das persoas mencionadas, xunto a moitas outras, foron condicionando a Carlos Penelas, que se mostra claro á hora de explicar a súa traxectoria literaria: «Para ler ou aprender, a tenrura e a sensibilidade vanse mamando».