Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

A presentación da súa última obra «Retratos»

Hai quince días que se presentaba en Bos Aires a última obra de Carlos Penelas, e 24 universidades dos EE.UU. xa adquiriron un exemplar do seu libro. Cunha cálida acollida na Delegación da Xunta en Bos Aires, Carlos Penelas falou durante a presentación de «Retratos» sobre a obra, as súas fontes de inspiración e algúns aspectos da súa personalidade e das súas características como escritor e poeta.

 

«Acoderon case un centenar de persoas nun día de moito frío e choiva», lembra Penelas. A presentación de «Retratos» foi ante todo unha mostra de benvida e cariño co autor. A Secretaria da Delegación, Amparo Castaño, e a presidenta do Centro Betanzos de Bos Aires, Beatriz Lagoa Veiga, foron as encargadas de abrir o acto e de presentar a traxectoria de Carlos Penelas e a súa vinculación e colaboración coa institución betanceira da capital arxentina.

A presentación do libro desenvolveuse como unha entrevista que Badi Lestani realizou ao autor de Retratos a propósito da obra, as súas ofntes de inspiración os seus mestres e propósitos coa literatura. Ao longo de máis dunha hora, os asistentes tiveron ocasión de coñecer algúns aspectos da personalidade de Carlos Penelas e das súas características como escritor e poeta.

Badi Lestani referiuse a Penelas como «un poeta sen probabilidade de fuga» e como posuidor dunha «alquimia aloucada, con sentimentos xenerosos». De Retratos asegurou que «é un libro de afectos e ensoñacións».

Preto dun centenar de persoas asistiron á presentación do libro Retratos. Entre eles, destacadas personalidades do mundo da cultura arxentina como son o escultor Antonio Pujía (premio nacional de escultura), o pintor Juan M. Sánchez; e o multifacético artista boliviano Ponciano Cárdenas.