Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña
Reportajes
A través deste tipo de acordos, preténdese non só difundir o galego no ámbito académico e de xeito didáctico senon tamén que supoñan unha oportunidade para traspasar o eido da lingua e dar a coñecer a cultura propia da comunidade autónoma. Neste senso Política Linguística mantén colaboración con universidades tanto europeas como americanas
A colaboración con estas dúas entidades universitarias enmárcase nunha das líñas básicas de actuación de Política Lingüística a través da cal se suscriben convenios con universidades de prestixio do exterior interesadas en incluír o encino da lingua, literatura e cultura galegas nos seus programas académicos.
Nesta misma liña de traballo, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega ten entre os seus obxectivos promocionar o galego no exterior e consolidar o seu ensino e investigación nas universidades nas que xa existe como materia de estudo así como introducilo noutras universidades de interese estratéxico. Nesta última dirección encamiñaríase o acordo suscrito entre Política Lingüística e a Universidade de Sao Paulo.
Desenvolver accións que non se cinxan únicamente ó ámbito académico senón que cheguen tamén á área de influencia das universidades é o compromiso fundamental adquirido por estas a traves de convenios de colabroración deste tipo.
Conferencias, mesas redondas, seminarios ou exposicións son algunhas das actividades que se van programar desde estas entidades académicas para traspasar o ámbito universitario na difusión da lingua na que xogan un papel fundamental os Centros de Estudos Galegos distribuidos polo mundo; en total 45.