Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña
Reportajes
Soen ser licenciados en Filoloxía Galega, aínda que non necesariamente. Como bolseiros da Xunta pasan entre un e cinco anos na universidade asignada onde desenvolven proxectos para a difusión do idioma e cultura galegas dentro do ámbito académico. No caso de Galicia existe un coordinador destes lectores e é a Secretaría Xeral de Política Lingüística a que se encarga da súa selección.
De todos os centros espallados polo mundo agora mesmo, vinte e oito contan con lectores adscritos. No caso da Universidade de Sao Paulo, beneficiaria do último convenio, o lector elixido é Leopoldo Cañizo.
Os lectores son licenciados en Filoloxía Galega pero tamén o poden ser noutras titulacións. A estancia media na universidade do país de destino é entre un e cinco anos en calidade de bolseiros da Xunta de Galicia.
O anterior coordinador dos lectores galegos que traballan nestes centros, é Antón Porto e segundo él os eixos que guían esta actividade son o traballo dependente das universidades que organizan cursos de lingua, literatura e cultura. Ademáis desenvólvense traballos de investigación en centros como o de Heidelberg para elaborar desde hai anos proxectos como un diccionario de galego.
Os centros están integrados nas diferentes universidades como cátedras de Lingua e Cultura galegas e mantéñense grazas a achegas económicas da Xunta. Anualmente convócanse axudas para apoiar os programas que se desenvolven nos diferentes centros e para adquirir material.
Unha das finalidades dos cursos de difusión do galego é a de captar xente que máis tarde ven a Galicia a levar a cabo as súas investigacións.