Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

O marco e as características do convenio

O obxectivo primordial deste convenio é o da promoción da lingua e cultura galegas fóra das nosas fronteiras, un reto divulgativo que ten unha vixencia de tres anos de duración e que permitirá estender o idioma galego entre os estudiantes da Universidade de Sao Paulo a través dos lectores designados pola Secretaría Xeral de Política Linguística

Un acordo pioneiro que ten un obxectivo ben definido; a docencia, investigación e promoción da lingua galega

É a primeira vez que se produce un convenio de colaboración deste tipo entre Política Lingüística e unha universidade brasileira.

Neste acordo marco entre o departamento autonómico e a Universidade de Sao Paulo os alumnos desta institución recibirán por vez primeira a materia de Lingua e Cultura galegas.

Esta iniciativa aprobada polo Consello da Xunta de Galicia o 7 de febreiro estableceu que a Universidade beneficiaria, neste caso a de Sao Paulo darálle continuidade á ensinanza da lingua, literatura e cultura galegas no seu plan de estudos a través das facultades de Filosofía e Letras e da de Ciencias Humanas.

Para reforzar o coñecemento do idioma galego por parte dos estudiantes que se enmarcan neste proxecto didáctico, a propia universidade brasileira organizará actividades paralelas á docencia como conferencias, exposicións ou charlas...

Coa formalización deste convenio créase un ente que é a Cátedra de Estudos Galegos. O lector designado para levar a cabo o proxecto na Universidade de Sao Paulo, nesta caso o profesor Leopoldo Cañizo traballará baixo a dirección da persoa responsable desta cátedra.

A duración do curso de Lingua e Literatura galegas será de dous semestres cunha media de tres horas de clase semanais.

Este convenio conta cun orzamento facilitado pola Secretaría Xeral de Política Lingüísitica de 64.000 euros e durará ata decembro de 2010 cunha vixencia de tres anos de duración.

Dentro do Consello da Xunta que deu o visto bo a este acordo tamén se levou a cabo a renovación da colaboración coa Universidade de La República en Uruguay para que a lingua e cultura galegas sigan a formar parte do plan de estudos desta universidade.