Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

A rede de Centros de Estudos Galegos

Ao redor do mundo, esta rede serve de eixo central para a difusión do galego fóra das fronteiras. Son dezaoito países os que forman parte desta rede que adapta o ensino do idioma á realidade cultural e lingüística do país e ás necesidades propias do mesmo

 

A extensión do idioma galego fóra das nosas fronteiras no ámbito académico é unha realidade desde hai tempo.

Universidades de Europa, América, Asia ou mesmo Oceanía contribúen a esta difusión do galego, á investigación lingüística desde perspectivas moi diversas e tamén ao prestixio da lingua entre os seus propios falantes, ao observar o interese e recoñecemento que posúe fora.

Nun total de 45 universidades o galego é obxecto de estudo e a maior parte delas contan con lectores, polo xeral licenciados en Filoloxía Galega, asentados nos chamados Centros de Estudos Galegos.

Nestes centros os lectores imparten materias de lingua galega adaptadas ás necesidades do alumnado de cada universidade( gramática, cursos de conversa, cursos de lingua e civilización...)

Gracias a estas entidades a realidade lingüística e cultura do país chega a máis de dúas mil persoas cada ano.

Espallados por todo o mundo, en concreto dezaoito países, os centros difunden a lingua e a cultura do noso país e tentan crear interese entre os estudantes e a poboación en xeral cara Galicia.