Iniciar sesión

Galicia Aberta en Twitter Galicia Aberta en FacebookGalicia Aberta por RSS

Suscríbete por email:

Axudas para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario 2009

Prazo pechado

Publicación das bases reguladoras das axudas para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario para o ano 2009.

Nome do programa

Axudas para a realización de viaxes por razóns sociais, asistenciais ou humanitarias

Destinatarios

Poderán ser beneficiarios/as destas subvencións as seguintes persoas:

a) Emigrantes de orixe galega e nacionalidade española residentes no exterior ou descendentes ata o segundo grao por consanguinidade.

b) Cidadáns/ás galegos/as residentes en Galicia que, por mor de razóns asistencias ou humanitarias teñan que desprazarse xunto aos seus parentes ata o segundo grao de consanguinidade que teñan a condición de emigrantes de orixe galega residentes no exterior.

c) Excepcionalmente, para o caso en que as persoas a que se refiren as letras a) e b) deste artigo non poidan valerse por si mesmas para a realización da viaxe, poderá ser tamén beneficiario/a destas axudas un acompañante.

Características

Solicitudes

Para poder ser beneficiario/a destas subvencións, deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 6 das bases reguladoras. Este modelo de solicitude poderá obterse a través do portal da Secretaría Xeral da Emigración no seguinte enderezo da internet (http://www.galiciaaberta. com/).

Lugar e Prazo de presentación

As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (entre os que figuran a Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante).

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de novembro de 2009, ambos os dous inclusive.

Resolución

Resolución do 26 de agosto de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Convocatoria

 DOGA nº 172 do 2 de Setembro de 2009

Promovido por

Secretaria Xeral da Emigración

Ano

2009

Documentación

Resolución do 26 de Agosto [gl]

Formulario de solicitude  [gl]

Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento.

Nota: Si gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación

08 de Septembro de 2009