Iniciar sesión

Galicia Aberta en Twitter Galicia Aberta en FacebookGalicia Aberta por RSS

Suscríbete por email:

Bolsas para a realización de estudios universitarios e de formación profesional 2009

Resolución do 25 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, pola que se establecen e se regulan os programas de becas destinados aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudios universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2009-2010. 

Nome do programa

Bolsas de estudios universitarios e de formación profesional 2009

Destinatarios

Galegos e os seus descendentes ata segundo grao, que cumpran os seguintes requisitos:

 A.- Nova adxudicación

Estudios universitarios de primeiro e segundo ciclo.

- Residencia no estranxeiro do solicitante.

 - Estar admitido/a para cursar estes estudios en calquera das tres universidades galegas.

- Estar matriculado/a en, como mínimo, 50 créditos.

 Estudios de terceiro ciclo ou máster.

- Residencia no estranxeiro do solicitante.

 - Estar admitido/a no curso 2009/10 nun programa de terceiro ciclo o nun máster universitario en calquera das universidades galegas.

Estudios de Formación Profesional.-

 - Residencia no estranxeiro do solicitante.-

 - Estar matriculado/a nalgún ciclo formativo de grao superior nun centro público ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia que teña estas ensinanzas concertadas.

B.- Prórroga

Estudios universitarios en todas as súas modalidades.-

- Residencia familiar no estranxeiro.

- Ter superado o 75% das materias ou créditos nos que estivo matriculado no curso anterior

- No caso de estudios de primeiro ou segundo ciclo, estar matriculado/a en, como mínimo, 50 créditos.

Características

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto a convocatoria, de bolsas para estudios universitarios e de formación profesional de grao superior. 

Programas

Programa 1: bolsas para a realización de estudios universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional en calquera das tres universidades de Galicia (nova adxudicación ou prórroga).

Programa 2: bolsas para a realización de estudios de terceiro ciclo (etapa de formación) e para a realización de ensinanzas conducentes á obtención do título de máster universitario en calquera das tres universidades de Galicia (nova adxudicación ou prórroga).

Programa 3: bolsas para a realización de estudios de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.

Prazo de presentación

Ata o 1 de agosto de 2009 

Resolución

Resolución do 25 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, pola que se establecen e se regulan os programas de becas destinados aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudios universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2009-2010.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia, do 1 de xullo de 2009

Promovido por

Secretaria Xeral da Emigración 

Ano

2009 

Contacto:

-         Secretaría Xeral da Emigración
-         Subdirección Xeral de Programas Sociais
-         Teléfonos: 981547265
-         Fax: 981547291
-         correo electrónico: subdireccion.xeral.programas.sociais@xunta.es
-         www.galiciaaberta.com 

Documentación

Anexos [gl]

Modelo de solicitude con todos os anexos (versión para cubrir online) [gl]

  Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento.

Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación

02 de Xulo de 2009