A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa "Volver á terra", coa finalidade de que os emigrantes galegos maiores de 60 anos e con baixos recursos económicos, poidan reencontrárense coa súa terra e coa súa familia.
Nome do programa
Programa de viaxes "Volver á Terra" 2009.
Destinatarios
Poderán ser solicitantes deste programa os emigrantes e os seus conxuxes ou parella de feito que cumpran os requisitos enumerados na correspondente resolución (artigo 3º).
Características
Número de prazas
| Arxentina | 113 |
| Brasil | 10 |
| Cuba | 10 |
| Uruguai | 50 |
| Venezuela | 5 |
| Outros países | 2 |
| Total | 190 |
Data de realización
Mes de Novembro de 2009.
Lugar e prazo de presentación
As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación:
- Na Secretaría Xeral da Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- Nas delegacións da Xunta de Galicia en Buenos Aires e Montevideo, consejerías de Traballo e Emigración, seccións de Traballo e Emigración, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.
- Nas entidades que se indican a continuación, habilitadas para a presentación telemática das solicitudes:
- En Brasil:
- Peña Galega de la Casa de España de Río de Janeiro.
- Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.
- Sociedade Hispano-Brasileira de Socorros Mutuos e Instr. de São Paulo.
- Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
- En Cuba:
- Federación de Sociedades Galegas en La Habana.
- En Venezuela:
- Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
- En Brasil:
O prazo de presentación de solicitudes para este programa será ata o 8 de Xullo do 2009.
Resolución
Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior durante o ano 2009.
Convocatoria
Diario Oficial de Galicia Nº 110, do Luns, 8 de Xuño de 2009.
Promovido por
Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración da Secretaría Xeral de Familia e Benestar.
Ano
2009
Documentación
![]() | Formulario de solicitude (prazo pechado) | [gl] |
| Podes imprimir o formulario de solicitude e logo completar os campos cos datos necesarios | ||
![]() | Formulario de solicitude (Versión para cubrir on line) (prazo pechado) | [gl] |
Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados. | ||
Data de publicación
08 de Xuño de 2009









