Iniciar sesión

Galicia Aberta en Twitter Galicia Aberta en FacebookGalicia Aberta por RSS

Suscríbete por email:

Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante 2009

A Secretaría Xeral da Emigración convoca a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega, no ano 2009. 

Nome do programa

Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante 2009. 

Destinatarios 

As subvencións que se convocan pola presente resolución poderán ser solicitadas por aqueles concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma galega que cumpran, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, os requisitos especificados na resolución correspondente (artigo 2ª). 

Lugar e prazo de presentación

Ata o 6 de Xullo do 2009

As solicitudes de axuda dirixiranse á:

Secretaría Xeral da Emigración:

Rúa Basquiños, 2

15704 Santiago de Compostela (A Coruña) 

Resolución

Resolución do 29 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009. 

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia Nº 109, do Venres 5 de Xuño de 2009. 

Promovido por

Secretaría Xeral da Emigración. 

Ano

2009 

Contacto

  • Nos teléfonos da Secretaría Xeral de Emigración: 981547267, 981547274 e 981547272.
  • E na dirección da mesma: rúa Basquiños, 2; 15704-Santiago de Compostela.

Documentación

 Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento.

Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación

05 de Xuño de 2009