O presente mapa pretende dar a coñecer os recursos, públicos e privados, que existen nos concellos de Galicia en materia de actuacións migratorias.
¿Que é o Mapa de Recursos Migratorios?
- O Mapa é unha ferramenta interactiva a través da páxina web www.galiciaaberta.com que permite consultar os recursos existentes en Galicia (programas, servizos, axudas, actuacións...) para as persoas retornadas e inmigrantes dun xeito rápido e sinxelo.
- Nel figuran tanto os recursos (públicos e privados) dirixidos especificamente a persoas retornadas e inmigrantes, como aqueles abertos a todos os cidadáns pero que poden ser de especial interese para estes colectivos.
¿Para que serve?
- A finalidade do Mapa é facilitar o acceso ás persoas migrantes á información relativa aos recursos existentes no eido migratorio, así como a súa participación naquelas actuacións que poidan serlles de interese.
- Tamén é unha ferramenta para que os profesionais que traballan no eido migratorio teñan coñecemento de todos estes recursos e poidan coordinarse e informar mellor aos usuarios.
Estrutura e características
- Os recursos están agrupados en tres grandes grupos:
Neste apartado agruparanse todas as actividades realizadas polos concellos.
Dende aquí poderá consultar todas as actuacións das entidades que operan en toda a Comunidade autónoma de Galicia.
- Actuacións de ámbito supralocal
As actuacións levadas a cabo por entidades cuxo ámbito supera ao dos concellos, como por exemplo, diputacións ou mancomunidades.
- Xunto á información correspondente a cada recurso, figura o enderezo, teléfono, e-mail ou enlace web ao que dirixirse para contactar coa entidade responsable.
- O Mapa actualizarase continuamente para que teña a maior utilidade posible.
¿Como funciona?
- O Mapa permite coñecer as actividades por concellos ou entidades e a realización de buscas interactivas por datas, localidades e programas ou actividades.
¿Cómo incorporar as actuacións ao Mapa?
Para incorporar información sobre actuacións no eido migratorio e actualizar a existente no Mapa, existe un enderezo de correo electrónico: mapa.recursos@galiciaaberta.com ao que deberá remitirse dita información.
Para dar de alta un recurso, consulte as fichas para inclusión de actuacións:
- Ficha para inclusión de actuacións no "Mapa de recursos migratorios" para os concellos
- Ficha para inclusión de actuacións no "Mapa de recursos migratorios" para entidades sen ánimo de lucro a nivel local.
- Ficha para inclusión de actuacións no "Mapa de recursos migratorios" para os programas de ámbito autonómico.







