1.4. - 4 ¿PORQUÉ É IMPORTANTE RECUPERAR A NACIONALIDADE ESPAÑOLA DESDE O ESTRANXEIRO?
O español que regresa ha de ser consciente da importancia que ten, ou pode chegar a ter, que chegue a España estando en plena posesión da nacionalidade española. O ter ou non dita nacionalidade determina o acceso a determinados dereitos que, en caso de entrar sendo cidadán estranxeiro, non tería.
Se unha persoa entra en España sen nacionalidade española permanece, durante o tempo de solicitude de recuperación, en situación de estranxeiro e, en consecuencia, aplícaselle a lexislación en relación, isto pode significar varias cousas, en principio, para entrar en España ha de traer visado, o cal determinará en que situación se encontra (visita, residencia, residencia e traballo etc). Por outro lado, aínda cando logre tramitar a recuperación, se esta se fai residindo en España nunca poderá optar á cualificación de emigrante retornado.