1.6. - 6 ¿ ONDE SE PODEN ENCONTRAR DATOS SOBRE NACEMENTO/MATRIMONIO/DEFUNCIÓN DOS ASCENDENTES ?
Os datos sobre inscrición de nacemento, de matrimonio e/ou defunción han de figurar no Rexistro Civil municipal do lugar onde estes tiveron lugar.
¿Que ocorre se despois de consultado o Rexistro Civil Municipal non encontro a inscrición que trato de localizar? ¿Existe algún outro lugar onde poida acudir?
Se os datos non figuran inscritos é posible acudir ós rexistros parroquiais dos lugares en que os feitos ocorreron. É moi frecuente que ditos rexistros conteñan datos que o Rexistro Civil descoñece, ben porque ocorreron en épocas en que non era moi habitual acudir ó rexistro civil ou porque os datos conteñan algunha variación que provoca a súa non localización nos rexistros civís