p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
1


Nacionalidade
Preguntas
seccion1pregunta1
1.1. - 1 ¿QUEN É OU PODE SER ESPAÑOL ?


Pódese ser español por diversas vías de adquisición de tal dereito :


a.1.- Por filiación natural: Son españois de orixe os nados de pai ou nai española. Esta forma de adquirir a nacionalidade prodúcese con independencia do lugar de nacemento, ben sexa en España ou fóra de España. Esta forma de atribuír a nacionalidade non ten preferencia por un sexo ou outro, isto é, é independente cal dos dous proxenitores é español, de igual forma é indiferente que a filiación sexa matrimonial ou non matrimonial, só é importante que o feito ocorra dun/a español/a

a.2.- Por adopción: O estranxeiro menor de 18 anos adoptado por unha español/a, adquire, desde a adopción, a nacionalidade española de orixe.

a.3.- Por nacemento en España:
1.- Son españois de orixe os nados en España de pais estranxeiros se, polo menos un deles, nacese tamén en España. Exceptúanse os fillos de funcionario diplomático ou consular acreditado en España.
2.- De igual forma, tamén serán españois os nados en España de pais estranxeiros, se ambos os dous carecesen de nacionalidade ou se a lexislación de ningún deles atribúe ó fillo unha nacionalidade.
3.- Os nados en España, cuxa filiación non resulte determinada. A estes efectos, presúmense nados en territorio español os menores de idade cuxo primeiro lugar coñecido de estanza sexa territorio español.

a.4.- Por opción:
1.- Persoas que estean ou estivesen suxeitas á patria potestade dun español.
2.- Persoas cuxo pai ou nai fose orixinariamente español e nado en España.
3.- Persoas cuxa filiación en España se producise despois de cumpridos os dezaoito anos.
4.- O adoptado por español/a cando o adoptado é maior de dezaoito anos.

a.5.- Por carta de natureza: prodúcese a adquisición da nacionalidade , cando por Real Decreto outorgado discrecionalmente polo Estado, a través do Consello de Ministros, e tras valorar circunstancias excepcionais que concorren no interesado, este manifesta a súa vontade de a adquirir.

a.6.- Por residencia, esta residencia ha de ser legal e continuada en España durante os seguintes prazos:
1.- Prazo xeral: 10 anos
2.- 5 anos se obtivo a condición de refuxiado
3.- 2 anos, cando o interesado sexa nacional de orixe de países iberoamericanos, ou Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial, Portugal ou Sefardís.
4.- 1 ano, se o interesado nacese en territorio español, levase un ano casado con español/a e non estivese separado legalmente ou de feito., fose viúvo/a de español/a non separado legalmente ou de feito no momento da súa morte, ou cando hubese nado fóra de España de pai ou nai, avó ou avoa orixinariamente español.

a.7.- Por posesión de Estado: A posesión ou utilización continuada da nacionalidade española durante 10 anos, con boa fé e baseada nun título inscrito no Rexistro Civil, é causa de consolidación da nacionalidade aínda que se anule o título que a orixinou. (faise referencia a casos como cando se descobre por unha acción de paternidade, que o que aparecía como fillo de español non o é en realidade etc).
Español l Galego