2.2. - 12 ¿CANDO SE TEN QUE INSCRIBIR UN ESPAÑOL NO REXISTRO DE MATRÍCULA DE ESPAÑOIS NO ESTRANXEIRO?
Os españois que residan habitualmente no estranxeiro teñen a obriga de se inscribir no Rexistro de Matrícula da Oficina Consular, de igual forma, aqueles que se encontren nunha demarcación consular con carácter temporal, sen ánimo de fixar alí a súa residencia, poderán inscribirse como non residentes, conservando a súa inscrición no padrón e o censo electoral do municipio español de procedencia ou en PERE e CERA correspondente á Oficina ou Sección Consular onde teña fixada a súa residencia habitual. (faise referencia así a aquelas persoas que se despracen por motivos de traballo, estudos, de turista ou ben persoal voluntario de ONG etc)