3.13. - 30 ¿PARA QUE PODO UTILIZAR O CERTIFICADO DE EMIGRANTE RETORNADO?
O certificado é unha simple acreditación da condición do retorno que é necesario obter unha vez en España xa que se require, como documento obrigatorio, para a petición de case todas as axudas e dereitos cuxo público obxectivo sexa a emigración de retorno.
- Prestación por desemprego a nivel contributivo . Son beneficiarios os emigrantes retornados que se encontren en situación legal de desemprego sempre que teñan, como mínimo, 1 ano cotizado antes da súa saída de España, ou ben, terían tamén aberta a vía da Renda Activa de Inserción no caso de que, cumprindo cos requirimentos esixibles no acceso ás mesmas, puidesen acreditar ter traballado no estranxeiro durante, polo menos 6 meses desde a súa última saída de España. Outro dos requirimentos importantes para acceder a esta prestación por desemprego de carácter contributivo é ter cesado na relación laboral mantida no país de emigración e non ter dereito a prestación por desemprego en dito país.
- Subsidio de desemprego. Os requirimentos para o acceso a dito subsidio foron modificados pola Lei 45/2002 de 12 de decembro, e sinala como requirimentos xerais: Ser un traballador que retorna dalgún país non pertencente ó espazo económico europeo ou ben que o país do que retorna non mantén un convenio de protección de desemprego con España, ter traballado en dito pais/é polo menos durante 12 meses nos últimos 6 anos e non ter dereito á prestación por desemprego.
- Renta Activa de Inserción (RAI) , regulada na Lei 45/2002 de 12 de decembro e na que se amplía o acceso á mesma a distintos colectivos, entre eles ós que sexan emigrantes retornados e que esixe, ademais doutros requirimentos, a constancia de ter traballado no estranxeiro un período mínimo de 6 meses desde a última saída de España, se é o caso.
- Subsidio de desemprego para maiores de 52 anos. Previsto para acceder a un tipo de subsidio que se estenda ata a idade de xubilación do solicitante. Esta posibilidade tamén se abre para o caso do emigrante que retorne. En todo caso é moi importante ter en conta a seguinte matización: O emigrante que o solicita provén dunha situación previa de subsidio de desemprego: Non ha de achegar novamente o seu certificado de emigrante retornado ó constar xa na documentación anexa á primeira solicitude de subsidio.
- Real Decreto 801/2005, de 1 de xullo, polo que se aproba o Proxecto Estatal 2005/2008 para favorecer o acceso dos cidadáns á vivenda. Compra de vivenda en situación de emerxencia social.
- Orde TAS/2865/2003 de 13 de outubro, pola que se regula o convenio especial no sistema da Seguridade Social (convenios especiais para emigrantes e fillos destes e pensionistas dun sistema de previsión social estranxeiro residentes en España).
- Orde TAS/562/2006, de 14 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas ou subvencións correspondentes ós programas de actuación a favor de españois emigrantes e retornados.
Cando se trate de traballadores retornados dun país da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo que veñan provistos do formulario E-301 e só pretendan solicitar a prestación por desemprego de nivel contributivo con totalización dos períodos cotizados nun país da U.E ou do E.E.E cos cotizados en España en último lugar, NON SERÁ NECESARIO a expedición do certificado de emigrante retornado.
*Lei 45/2002, de 12 de decembro. LGSS disposición adicional 33; RD 625/1985, art. 11
**Lei 45/2002 de 12 de decembro de medidas urxentes para a reforma do sistema do sistema de protección por desemprego e mellora da ocupabilidade
***Real Decreto 205/2005 de 25 de febreiro, polo que se regula para o ano 2005 o programa de renda activa de inserción para desempregados con especiais necesidades económicas e dificultades para encontrar emprego.