3.28. - 45 COMO EMIGRANTE RETORNADO ¿QUE TRÁMITE TEÑO QUE REALIZAR PARA PODER EMPADROARME EN ESPAÑA?
Para poder empadroarse un emigrante que retorne só ten que seguir o seguinte trámite:
Dirixirse ó concello onde fixe a súa residencia para se inscribir e solicitar a súa alta no padrón municipal. O solicitante ha de probar a súa residencia no municipio que pretende residir. Para iso son varios e heteroxéneos os documentos que se admiten para dita proba (contrato de compra venda de vivenda, contrato de arrendamento de vivenda, etc).