3.29. - 46 ¿É NECESARIO ACHEGAR A BAIXA CONSULAR PARA PODER EMPADROARME EN ESPAÑA? ¿E SE NON A TRAIO?
Con anterioridade, cando un emigrante retornado solicitaba a súa alta no padrón municipal dun concello español este lle solicitaba a baixa consular. Este documento non é obrigatorio xa que, desde a reforma do PERE e do CERA a inscripción consular ten o mesmo funcionamiento que o empadroamento en cualquera concello español, e o seu sistema de depuración, co fin de evitar dobres inscripcions, realízase polo mesmo procedemento. Neste senso, o padrón municipal remite periódicamente ó INE as altas e baixas producidas no seu concello e, da mesma forma farano os rexistros consulares. Se se comproba que unha persoa aparece inscrita en dous rexistros procédese, automaticamente a cursar a baixa no máis antigo.
En todo caso, se fora precisa a baixa consular para a solicitude de axudas ou subvencións e o retornado xa se encontrase en España, pódese solicitar a través do fax á sección consular onde se atope inscrito o emigrante