3.36. - 53 ¿QUE DOCUMENTACIÓN É NECESARIA PARA OBTER O D.N.I EN ESPAÑA?
A documentación varía segundo se trate dunha primeira obtención ou de renovacións sucesivas, de igual forma que varía segundo se obteña en España ou por españois residentes no estranxeiro
PARA A PRIMEIRA INSCRICIÓN
Dúas fotografías (recentes e en cor, con rematado brillo ou mate e fondo branco, liso e uniforme; centradas, de fronte coa cabeza descuberta e sen lentes de cristais escuros).
Certificado en extracto da Partida de Nacemento expedida polo Rexistro Civil ó só efecto da obtención do Documento Nacional de Identidade ou, se é o caso, Certificado de inscrición da nacionalidade española, expedido polo Rexistro Civil correspondente. Este documento solicitarase no Rexistro Civil mencionando a causa da solicitude. Este feito será apuntado como nota marxinal no certificado de nacemento non sendo posible que se emita outro coa mesma finalidade "a non ser que se trate dun duplicado" do cal se deixará constancia expresa.
Cando o solicitante sexa menor de idade ou incapacitado (avalado por certificado médico), a persoa que o represente acreditará o domicilio do mesmo e exhibirá o seu DNI, cuxo número quedará consignado no talón-foto.
PARA A RENOVACIÓN
Dúas fotografías (recentes e en cor con rematado brillo ou mate e fondo claro, liso e uniforme; centradas, de fronte coa cabeza descuberta e sen lentes de cristais escuros).
O DNI anterior
En caso de cambio de domicilio, respecto do que figure no Documento anterior, certificado de empadroamento (a validez deste documento é de 3 meses a partir da data da súa expedición).
En caso de variación de datos de filiación, Certificado do Rexistro Civil.
En caso de renovación por subtracción, extravío, estrago ou a identificación resulte difícil, o solicitante deberá cumprimentar, ademais, un impreso ó efecto que se lle entregará na oficina onde o solicite, debendo acompañar unha fotografía máis, que xunto á súa sinatura e a súa impresión dactilar, servirá de comprobación da súa personalidade.