3.37. - 54 ¿QUE DOCUMENTACIÓN É NECESARIA PARA OBTER O D.N.I NO ESTRANXEIRO?
Os españois que, residindo no estranxeiro, soliciten que lles sexa expedido un Documento Nacional de Identidade teñen que saber que este documento só se solicita e se expide en España se ben o Consulado actúa como mediador de dito documento. Deberán achegar, ademais dos mencionados, os seguintes documentos:
Para a primeira inscrición:
Partida de nacemento expedida polo Consulado ou Rexistro Civil onde estea inscrito, tal como se fai para todos os casos.
Certificado de acreditación de residencia, expedido ós sós efectos de obter o DNI, polo Consulado español onde figura inscrito, no que se faga constar o número de inscrición Consular, país de residencia, localidade, rúa e número onde en dito país estea domiciliado.
Para a renovación:
O Certificado de acreditación de residencia anteriormente citado para demostrar que continúa sendo residente no estranxeiro, con especificación do país, localidade, rúa e número.
Unha vez confeccionado e expedido o DNI a entrega será efectuada a través do Consulado en que figure inscrito o interesado.
Cando se trate da expedición do DNI, tanto en primeira inscrición como en renovación, dun titular cuxa residencia no estranxeiro finalizase, deberá presentar certificado do padrón municipal ou xustificante de que solicitou a súa inscrición como residente na poboación que figurase no documento que se vai renovar.
Os titulares de documentos expedidos con domicilio no estranxeiro, tan pronto trasladen a súa residencia a España, aínda cando se trate de expedicións con validez permanente, deberán renovar dito documento a efectos de actualización de domicilio.