3.38. - 55 ¿ONDE SE OBTÉN O D.N.I?
O solicitante que desexe renovar ou solicitar por primeira vez o DNI deberá acudir a un equipo de Expedición do DNI, dependente das Comisarías de Policia. Nas Comunidades Autónomas con lingua co-oficial (Cataluña, País Vasco, Galicia, Comunidade Valenciana e Illes Balears), o DNI expídese, ademais de en Castelán, no idioma co-oficial da respectiva Comunidade Autónoma.
Se se trata da primeira inscrición, pode comparecer ante o citado equipo coa documentación correspondente, acompañado por unha persoa que o represente se é menor ou incapacitado.
Se se trata dunha subtracción, extravío ou estrago, o solicitante, unha vez no equipo expedidor deberá cubrir un impreso e acompañar unha fotografía máis que, xunto á súa sinatura e a súa impresión dactilar, servirá para comprobar a súa identidade.
As persoas inválidas ou impedidas que non poidan acudir á oficina de tramitación poderán obter o DNI a través dun familiar, que presentará na oficina un certificado médico oficial acreditativo da imposibilidade e un equipo móbil se desprazara ó domicilio do impedido para facelo.
En localidades sen comisaría de policía acostuma a acudir un Equipo Móbil que se instala no concello. Os cidadáns residentes nestas localidades e nas localidades próximas, poderán obter ou renovar o DNI no acto, sen cita previa e achegando os mesmos documentos que nos equipos fixos. Ós concellos ós que se despraza o Equipo Móbil seralles comunicada, coa debida antelación, as datas sinaladas para as visitas có obxecto de que, polos mesmos, sexan difundidas ós cidadáns.