3.3. - 20 ¿QUEN PODE OBTER O PASAPORTE ESPAÑOL?
Todos os cidadáns españois teñen dereito a obter o pasaporte ordinario sempre que non concorran nos mesmos algunha das seguintes circunstancias:
Ter sido condenado a penas ou medidas de seguridade que impliquen a privación ou limitación da súa liberdade de residencia ou de movementos, mentres non se extinguisen, salvo que obteñan autorización do órgano xudicial competente.
Cando a autoridade xudicial prohibise a súa expedición ou a saída de España respecto ao interesado que se atope inculpado nun proceso penal.
Que motivadamente lle sexa limitado este dereito polo Ministerio do Interior no ámbito das medidas que deban adoptarse nos supostos recollidos na Lei Orgánica 4/1981, de 1 de xuño, reguladora dos estados de alarma, excepción e cerco.
A obtención do pasaporte por aqueles cidadáns suxeitos a potestade paterna ou a tutela estará condicionada ó consentimento expreso, da persoa ou órgano que teña asignado o seu exercicio ou, en defecto desta, do órgano xudicial competente.