p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
3


Inmersión administrativa
Preguntas
seccion3pregunta41
3.41. - 58 ¿QUE FEITOS TEÑEN QUE CONSTAR INSCRITOS NO REXISTRO CIVIL?


O nacemento.
A filiación determina o parentesco existente entre as persoas.
A emancipación: é un suposto excepcional onde se pode obter a capacidade de obrar antes dos 18 anos, aínda que dita capacidade de obrar sexa limitada.
As modificacións xudiciais á capacidade de obrar das persoas: Isto fai referencia ás persoas que son declaradas incapaces ou pródigas por unha resolución xudicial. A incapacidade declárase como consecuencia dunha enfermidade psíquica que impide que unha persoa poida realizar certos actos. A prodigalidade declárase como consecuencia da actitude dunha persoa que dilapida o seu patrimonio cando existen persoas ó seu cargo que poden verse afectadas por dita actitude.
Declaracións de ausencia.
Declaración de falecemento.
A nacionalidade e a veciñanza civil.
A patria potestade, a tutela e outras representacións legais.
O matrimonio.
A defunción.

Español l Galego