p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
3


Inmersión administrativa
Preguntas
seccion3pregunta42
3.42. - 59 ¿POR QÚE É IMPORTANTE INSCRIBIR OS FEITOS NO REXISTRO CIVIL?

Porque toda persoa polo feito de nacer, ten un conxunto de dereitos e de obrigas, que existirán desde o seu nacemento ata a súa morte. Pero que teñan este conxunto de dereitos non significa que poidan exercitalos nin levalos á práctica. Hai determinadas circunstancias que afectan a esta posibilidade (por exemplo, un recen nado non pode celebrar un contrato de compra-venda).

Todos os feitos que poden influír na capacidade das persoas forma parte do chamado estado civil das persoas, estas condicións son:

A personalidade: o feito de nacer e tamén de morrer
O nome, xa que identifica e individualiza á persoa
A filiación: a relación entre pais e fillos determina moitos dereitos
A idade
A emancipación
A incapacitación
O matrimonio
A nacionalidade e veciñanza civil, xa que determina qué lexislación é a aplicable a unha persoa.

Todos os feitos que se refiren ó estado Civil das persoas teñen que inscribirse no Rexistro civil

Español l Galego