3.46. - 63 ¿QUE PERMISOS DE CONDUCIR SON VÁLIDOS PARA CIRCULAR POR ESPAÑA?
Son válidos para conducir por España os seguintes permisos:
Os nacionais doutros países emitidos conforme ó anexo 9 da convención de Xenebra ou do anexo 6 da Convención de Viena, ou que difiran de ditos modelos unicamente na adopción ou supresión de rúbricas non esenciais.
Os nacionais doutros países que estean redactados en castelán ou vaian acompañados dunha tradución oficial ó mesmo.
Os recoñecidos en particulares convenios internacionais nos que España sexa parte e nas que se indiquen nos mesmos.
Para que ditos permisos sexan válidos deberán ademais cumprir as seguintes condicións:
Que estean en período de vixencia
Que o seu titular teña a idade mínima esixida pola Lei española para poder obter o permiso español equivalente.
Que non transcorresen máis de 6 meses como máximo, contado desde que o seu titular adquira a residencia normal en España.