p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
3


Inmersión administrativa
Preguntas
seccion3pregunta48
3.48. - 65 UN CONDUTOR CUN PERMISO DE CONDUCIR DALGÚN PAÍS MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA ¿ESTÁ AUTORIZADO A CONDUCIR POR ESPAÑA? ¿DURANTE CANTO TEMPO COMO MÁXIMO?


Os permisos de conducir expedidos polos Estados Membros da Unión Europea e os pertencentes ó Espazo Económico Europeo (EEE), de acordo á normativa europea, manterán a súa validez en España, coa salvidade de que a idade requirida para a condución corresponderá á esixida para obter o permiso español equivalente. Porén si é posible o seu intercambio, para iso deberá dirixirse á Xefatura Provincial de Tráfico na que desexe obter o permiso e solicitar este intercambio sen que a súa solicitude se sometese a prazo, é dicir, estes permisos poden intercambiarse en calquera momento sempre que o permiso se atope en vigor ou non transcorreran máis de 4 anos dende a súa caducidade. Cando este condutor vaia residir en España por un período superior a 6 meses debe interesar á Xefatura Provincial de Tráfico a introdución dos seus datos no Rexistro Xeral de Condutores e Infractores. A partir desta data, o titular queda sometido ó recoñecemento das súas aptitudes psicofísicas nos mesmos períodos previstos para os permisos expedidos en España.

Español l Galego