p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
3


Inmersión administrativa
Preguntas
seccion3pregunta51
3.51. - 68 ¿QUE DOCUMENTACIÓN SE ESIXE PARA SOLICITAR UN INTERCAMBIO DE PERMISO DE CONDUCIR?

A documentación que se esixe para iso é a seguinte:

     - Solicitude en impreso oficial que se facilita na Xefatura Provincial de Tráfico do domicilio do solicitante.
     - Fotocopia do Documento Nacional de Identidade en vigor, ou, se é o caso, do pasaporte ou do documento de identificación de estranxeiros (N.I.E.) que acredite a súa residencia normal ou condición de estudante en España durante o período mínimo esixido, en unión dos orixinais que serán devoltos unha vez cotexados
     - Informe de aptitude psicofísica, expedido por un Centro de Recoñecemento de Condutores autorizado, da provincia de residencia do solicitante, ó que se xuntará adherida unha fotografía actualizada do solicitante.
     - Dúas fotografías actualizadas
     - Declaración por escrito de non atoparse privado por resolución xudicial do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores, nin sometido a intervención ou suspensión do que se posúa.
     - Declaración por escrito de non ser titular doutro permiso ou licenza de condución, xa sexa expedido en España ou noutro país comunitario, de igual clase que o solicitado.
     - Declaración por escrito do titular, responsabilizándose da autenticidade, validez e vixencia do permiso e, se é o caso, a tradución oficial do mesmo ó castelán. Dita tradución deberá realizarse polos intérpretes xurados, polos Cónsules de España no estranxeiro, polos Cónsules en España do país que expedise o permiso, ou polo Real Automóbil Club de España
     - Permiso que se pretende intercambiar, copia ou fotocopia do mesmo.
     - En caso de que o permiso ofreza dúbidas, a Xefatura Provincial de Tráfico poderá solicitar do interesado a achega dun informe emitido polo Real Automóbil Club de España sobre a súa validez e vixencia, con especificación dos vehículos a cuxa condución autoriza e demais características do permiso

Español l Galego