3.53. - 70 ¿É POSIBLE INTERCAMBIAR UN PERMISO DE CONDUCIR EXPEDIDO POR ALGÚN PAÍS MEMBRO DA U.E.?
Si é posible o seu intercambio, para iso deberá dirixirse á Xefatura Provincial de Tráfico na que desexe obter o permiso e solicitar este intercambio sen que a súa solicitude se sometese a prazo, é dicir, estes permisos poden intercambiarse en calquera momento sempre que se atopen en vigor ou non transcorreran máis de 4 anos dende a súa caducidade. Cando este condutor vaia residir en España por un período superior a 6 meses debe interesar á Xefatura Provincial de Tráfico a introdución dos seus datos no Rexistro Xeral de Condutores e Infractores, a partir desta data, o titular queda sometido ó recoñecemento das súas aptitudes psicofísicas nos mesmos períodos previstos para os permisos expedidos en España.