3.5. - 22 ¿HAI UNHA IDADE MÍNIMA PARA PODER OBTER O PASAPORTE?
Establécense distintas clases de pasaporte: Individual, Colectivo, Diplomático. O máis ordinario é o chamado Individual e expídese polas Xefaturas Superiores e Comisarías de Policía ós españois, neste pasaporte tamén se pode incluír a fillos ou menores suxeitos a tutela. A validez varía segundo a idade: 5 anos ós menores de 30 anos de idade e 10 anos para os que sexan maiores de dita idade.
Para aqueles casos en que se solicite un pasaporte pero se careza de DNI, xa que o estranxeiro residente fóra de España non ten obriga de o posuír, expediráselle un pasaporte, previa solicitude, sempre a partir da idade de 14 anos.