p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
3


Inmersión administrativa
Preguntas
seccion3pregunta7
3.7. - 24 ¿QUE PERÍODO DE VALIDEZ TEN O PASAPORTE?


Con carácter xeral, o pasaporte terá unha validez improrrogable de cinco anos, se o titular ten menos de trinta na data da súa expedición, e de dez anos, cando cumprise esa idade. Para os menores de cinco anos a validez do pasaporte limitarase a dous anos.
Os pasaportes expedidos ós menores de catorce anos residentes en España que carezan de documento nacional de identidade, terán validez máxima ata que o menor alcance dita idade, sen que, en ningún caso, a vixencia sexa superior a cinco anos.
Cando os pasaportes se expidan a menores ou incapacitados, a validez sinalada nos parágrafos anteriores poderá ser limitada a petición motivada das persoas ou institucións que tivesen asignada a súa potestade paterna ou tutela.
Nos casos de extravío ou subtración do pasaporte en vigor, a validez do primeiro duplicado que se expida na súa substitución estará limitada á data de vixencia que tivese o extraviado. Nos supostos de posteriores extravíos ou subtraccións a validez dos duplicados poderá limitarse a tres meses.
Tamén poderá limitarse a validez do pasaporte a determinados países ou territorios, cando así se dispoña pola autoridade xudicial en relación coas persoas en que concorra algunha das circunstancias contempladas no apartado 1, a e b, do artigo 2 do RD 896/2003 ou se solicite motivadamente polas persoas que exerzan a potestade paterna ou a tutela, respecto ós seus fillos ou ás persoas que estean baixo a súa garda.
Cando se trate dun solicitante de pasaporte que, non estando inscrito como residente no Rexistro de Matrícula Consular, se encontre no estranxeiro e careza do pasaporte que se lle expedise, ben por perda ou subtracción, ou por se atopar en país ó que pode viaxarse sen pasaporte, a validez do pasaporte que lle expida a Representación Diplomática ou Consular poderá limitarse a tres meses.

Español l Galego