p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
4


Integración económica
Preguntas
seccion4pregunta17
4.17. - 90 ¿CÚAL É A DOCUMENTACIÓN QUE TEN QUE ACHEGAR PARA MATRICULAR O AUTOMÓBIL?

A documentación é a seguinte:

a.- A través dun Enxeñeiro Técnico Industrial ou outro técnico autorizado, realízase a ficha do automóbil, a cal se levará á ITV acompañada da seguinte documentación e se fará o intercambio da ficha técnica equivalente en España:

a.1 DNI
a.2 Alta no Padrón municipal.
a.3 Ficha do Enxeñeiro ou Técnico
a.4 Documentación completa do vehículo
a.5 Despacho aduaneiro (só para os países non comunitarios)
a.6 Baixa Consular

Na Delegación de Facenda recolleranse os modelos de impresos, aboando as taxas correspondentes, acompañando a seguinte documentación:

1.- DNI do solicitante
2.- Ficha Técnica do Vehículo
3.- Factura de Compra do Vehículo
4.- Baixa Consular
5.- Alta no Padrón Municipal

Na Xefatura Provincial de Tráfico presentarase a solicitude de matriculación , entregando a seguinte documentación

1.- Impreso de solicitude
2.- DNI
3.- Baixa Consular
4.- Certificado de empadroamento
5.- Documentación do vehículo e permiso de circulación estranxeiro
6.- Imposto Municipal e impresos oficiais
7.- Factura de Compra do Vehículo
8.- Ficha Técnica actual expedida pola ITV
9.- Certificado do despacho aduaneiro. Esta ficha non se achegará no caso de que se proveña de países da U.E.


Español l Galego