p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
4


Integración económica
Preguntas
seccion4pregunta2
4.2. - 75 PARA SEGUIR MANTENDO AS SÚAS CONTAS ¿QUE TEÑEN QUE FACER OS EMIGRANTES ESPAÑOIS QUE RETORNEN?


As obrigas do titular son as seguintes:


- Declarar as contas ó Banco de España facendo constar na Declaración o nome, domicilio e Número de Identificación Fiscal (NIF) do titular/e da conta, clase e número da conta, denominación da moeda e os datos identificativos da oficina en que se abrise.

- Remitir ó Banco de España información periódica sobre os movementos de créditos e débitos da conta. Se, nin os movementos de débedas nin os de abonos, superaron nun ano natural os sesenta mil euros informarase só a requirimento expreso do Banco de España.

- Conservar os extractos bancarios e documentación relativa ás contas a disposición do Banco de España e das autoridades competentes por un período de 3 anos. A cancelación destas contas deberá comunicarse ó citado banco no prazo de 1 mes contado a partir da data en que se produza.


Español l Galego