p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
5


Integracion laboral
Preguntas
seccion5pregunta11
5.11. - 101 ¿QUE É O "PAGAMENTO ÚNICO" DA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO?

Os españois retornados que teñan dereito a recibir prestación por desemprego poden igualmente ter dereito ó cobro do mesmo a través do chamado "pagamento único", este sistema está previsto para aqueles desempregados que teñan a intención de se incorporar de forma estable e a tempo completo como socios traballadores dunha cooperativa de traballo asociado ou dunha sociedade laboral , ou se se trata de traballadores minusválidos, cunha minusvalía cualificada de, polo menos, un 33%, que queiran converterse en traballadores autónomos, en todos estes casos recibirán a través do sistema de pagamento único a cantidade equivalente á necesaria para a achega obrigatoria mínima, a adquisición de accións ou participacións ou a inversión necesaria para realizar a actividade (segundo se trate, respectivamente dunha cooperativa , da súa sociedade limitada laboral, dunha sociedade anónima laboral ou dunha persoa autónoma con minusvalía cualificada). Se dito pagamento único non supuxese o 100% da cantidade á que ten dereito en concepto de prestación por desemprego, o resto do importe recibiríao a través dun pagamento trimestral para a cotización á Seguridade Social; dito abono realízase previa presentación por parte do interesado dos documentos acreditativos da cotización.

De igual forma, todos aqueles que queiran establecerse como autónomos, teñen dereito a percibir a prestación por desemprego a través do sistema seguinte: teñen dereito a recibir, a través do pagamento único a cantidade necesaria para realizar a inversión de inicio da actividade que pretendan, sempre cun máximo do 20% da cantidade total que supoña a prestación por desemprego. O importe restante, pendente de percibir, recibirano trimestralmente, previa presentación dos boletíns de cotización á Seguridade Social, para subvencionar o pagamento das cotizacións.


Español l Galego