5.20. - 110 ¿CANTO DURA A EXPORTACIÓN DE PRESTACIÓNS?
A duración desta prestación exportada non poderá ser superior a 3 meses. Unha vez transcorrido dito prazo podería darse algunha das seguintes situacións:
a.- Que o traballador encontrase no país de destino traballo, en cuxo caso, seranlle de aplicación as disposicións xerais de suspensión ou extinción das prestacións por desemprego.
b.- Que o traballador non volva ó país de onde saiu pola súa propia vontade, pese a non ter encontrado emprego, extinguíndoselle todo dereito ás prestacións que tiña recoñecidas.
c.- Que o traballador volva ó país de onde saiu no prazo de 3 meses, polo que poderá seguir percibindo as prestacións en iguais termos ás que tiña recoñecidas.