p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
5


Integracion laboral
Preguntas
seccion5pregunta29
5.29. - 119 ¿QUEN TEN DEREITO Á RISGA?


Poderán ser beneficiarias da renda de integración social de Galicia, aquelas persoas que reúnan os seguintes requirimentos:
Ter residencia efectiva (aquela que habite o solicitante por tempo superior a seis meses nun período de doce) e estar empadroadas en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma galega polo menos durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude.
Quedan eximidas do cumprimento deste requirimento dun ano:
Aquelas persoas que, procedentes doutras Comunidades Autónomas do Estado español, sexan beneficiarias do salario social na Comunidade Autónoma da que proceden, sempre que na lexislación da Comunidade da que proceden se recolla a reciprocidade.
As vítimas de violencia doméstica que cambian o seu domicilio por motivos de seguridade.
As persoas emigrantes galegas, cando fixasen a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma. Ó mesmo tempo, aquelas persoas nacidas en Galicia que residindo noutras Comunidades Autónomas volvan a fixar a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma galega.
Os cidadáns e cidadás de estados non membros da Unión Europea precisarán, ademais, acreditar a residencia legal en España no momento da formulación da solicitude.
Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada economicamente á persoa solicitante.
Ter unha idade comprendida entre os vinte e cinco e os sesenta e cinco anos.
Non obstante, tamén poderán ser beneficiarias:
As persoas menores de vinte e cinco anos que, reunindo o resto dos requirimentos dese artigo, teñan menores ó seu cargo.
As persoas maiores de dezaoito anos que, tendo recoñecida a condición de minusvalía, non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza.
As persoas maiores de dezaoito anos que, antes de alcanzar a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección de menores ou en acollemento familiar.
As persoas maiores de dezaoito anos en situación de orfandade absoluta que, reunindo os demais requirimentos deste artigo, non teñan dereito a outras prestacións ou axudas de análoga natureza.
Dispor duns recursos inferiores á contía da prestación económica da renda de integración social de Galicia que lles correspondería considerando a súa situación económica e familiar.
Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de lles prestar alimentos de acordo coa lexislación civil. A xuízo do órgano de resolución, poderanse eximir deste requirimento aqueles solicitantes dos que se prevea que a obriga de alimentos non se poida facer efectiva por malos tratos, relacións familiares estragadas ou inexistentes, das cales exista constancia no expediente.
Non obstante, se considera que non teñen a obriga de prestar alimentos os parentes que, en atención ás circunstancias socioeconómicas concorrentes, non poden facer fronte ou atender as necesidades básicas da unidade familiar solicitante sen desatender as propias necesidades ou as dos familiares ó seu cargo.
As circunstancias constarán claramente no informe social correspondente.

Español l Galego