5.30. - 120 - ¿A QUE CONTÍA ECONÓMICA SE PODE OPTAR COA RISGA?
Dentro da RISGA existe un subsidio básico e un complemento variable.
A contía do subsidio básico será equivalente ó 75% do importe mensual do indicador público de renda de efectos múltiples fixado pola lexislación específica que resulte de aplicación.
A contía do complemento variable, en función do número de membros da unidade de convivencia independente, será a seguinte:
O 12% do importe mensual do indicador público de rendas de efectos múltiples polo primeiro membro adicional
O 10% do importe mensual do indicador público de rendas de efectos múltiples polo segundo membro adicional
O 8% do importe mensual do indicador público de renda de efectos múltiples por cada un dos restantes membros adicionais.