5.8. - 98 UN EMIGRANTE RETORNADO ¿PODE TER ACCESO Á PRESTACIÓN POR DESEMPREGO EN ESPAÑA? ¿CANDO?
Sí, son varias as situacións nas que se pode encontrar un emigrante retornado en relación ó seu dereito a prestación por desemprego:
1) Se teñen a condición de emigrantes retornados e teñen cotizado (En España) un tempo mínimo á continxencia de desemprego, en concreto, 360 días nos 6 anos anteriores, coas seguintes consideracións:
a) Os 6 anos non é necesario que sexan inmediatamente anteriores á data da petición da prestación, xa que o feito de estar emigrado xera un tempo morto, isto é, como se non existise o tempo de emigración a efectos do cómputo. Neste sentido, terá que entenderse que os 6 anos e os 360 días serán dos anos anteriores á data da emigración.
- Que non obteñan prestación por desemprego no país no que se encontraban traballando.
2) Existe dereito á chamada "totalización de períodos de cotización", que significa que cando un traballador realizou un traballo noutro Estado membro da Unión Europea, e non utilizou ditas cotizacións para o recoñecemento dunha prestación, poderá exercer o dereito a estas prestacións se traballa en España ó seu retorno e queda novamente en situación de desemprego. Neste caso, sumaranse os períodos de cotización realizados nos últimos 6 anos, tendo en conta os efectuados no pais membro da UE e en España, dando lugar a unha prestación (se é o caso). Neste caso, debe solicitar que se lle expida o formulario E 301 que lle servirá, se é o caso, para a totalización de períodos de seguro a efectos de percibir as prestacións en España
3) Dereito a exportar as prestacións: explícase na pregunta 5.19.