6.20. - 140 ¿QUE FUNCIÓN CUMPRE A "CARTA DE INVITACIÓN"?
A función da carta de invitación variou desde a publicación do novo Regulamento de Estranxeiría. Antes da publicación, a existencia da carta de invitación xustificaba : hospedaxe, obxecto da viaxe e condicións da viaxe. Despois da publicación desta norma só xustifica a hospedaxe e o estranxeiro ha de probar de forma independente o obxecto e condicións da viaxe.