6.8. - 128. ¿QUE PRAZO EXISTE PARA TRAMITAR UNHA TARXETA DE RESIDENCIA COMUNITARIA? ¿ANTE QUE ÓRGANO SE SOLICITA A SÚA EXPEDICIÓN?
As solicitudes das tarxetas de residencia, cando sexan obrigatorias, deberán presentarse no prazo dun mes a partir da data de entrada en España, entregándose ó interesado resgardo da súa solicitude que, no caso de nacionais dos Estados membros da Unión Europea e outros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, será suficiente para acreditar a súa situación.
A tramitación das solicitudes corresponderá ás oficinas de estranxeiros da provincia onde pretenda permanecer ou fixar a súa residencia o interesado ou, no seu defecto, nas comisarías provinciais de policía.
A resolución de ditas solicitudes corresponde ós subdelegados do Goberno e selegados do Goberno nas Comunidades Autónomas uniprovinciais.