p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
6


O retornado e a sua familia
Preguntas
seccion6pregunta9
6.9. - 129. ¿CALES SON OS REQUIRIMENTOS PARA TRAMITAR UNHA TARXETA DE RESIDENCIA COMUNITARIA ?


Os solicitantes de tarxeta de residencia deberán acompañar á súa solicitude, en todo caso, tres fotografías e o documento de identidade ou pasaporte, en función da súa nacionalidade, a cuxo amparo é titular do dereito de residencia.
No suposto de que dito documento de identidade ou pasaporte estea caducado, deberá achegarse copia deste e da solicitude de renovación.
Se se trata de traballador raiano, deberá acompañar un certificado de residencia, documentos sobre a súa actividade laboral e acreditación de que regresa todos os días ou, polo menos, unha vez por semana ó Estado de residencia.
Cando os interesados sexan familiares de español(a) ou de cidadán comunitario, deberán presentar, ademais da documentación antes mencionada , a seguinte:

a) O documento que acredite o vínculo de parentesco co familiar residente en España.

b) A documentación acreditativa de que o seu familiar reside en España, e/ou, se é o caso, de que o solicitante vive a expensas daquel .

c) O visado de residencia no pasaporte, que deberá presentarse conxuntamente coa solicitude de tarxeta de residencia.

d) O requirimento do visado poderá eximirse polas autoridades competentes ó resolver a solicitude de tarxeta de residencia, sempre que non exista mala fe no solicitante e concorra algún dos seguintes supostos:
     - Estranxeiros que non poidan achegar o visado por ser orixinarios ou proceder dunha zona na que exista un conflito ou disturbio de carácter bélico, político, étnico ou doutra natureza, cuxa magnitude impida a obtención do correspondente visado, ou na que acontecese unha desfeita natural cuxas efectos perduren no momento da solicitude do mencionado visado.
     - Estranxeiros que non poden conseguir o visado por implicar un perigo para a súa seguridade ou a da súa familia o seu traslado ó país do que son orixinarios ou proceden, ou por carecer de vínculos persoais con dito país.
     - Estranxeiros menores de idade ou incapacitados:
     - Que sexan fillos de españois ou de nacionais dun Estado parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo residentes en España.
     - Que estean suxeitos legalmente á tutela dun cidadán ou institución españoles ou dun nacional do Espazo Económico Europeo residentes en España, de forma que reúna os elementos necesarios para producir efectos en territorio español.
     - Estranxeiros que sexan cónxuxes de español ou de residente legal que sexa nacional dun Estado parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, sempre que non se encontren separados de dereito.
     - Españois de orixe que perdesen a nacionalidade española.
     - Estranxeiros que acrediten sufrir unha enfermidade ou impedimento que requira asistencia sanitaria e lles imposibilite o retorno ó seu país para obter o visado.
     - Estranxeiros que entrasen en España cun visado de residencia validamente expedido polas autoridades consulares españolas e non puidesen obter a correspondente tarxeta de residencia por causas alleas á súa vontade.
     - Estranxeiros ascendentes de cidadán español ou de residente legal que sexa nacional dun Estado parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, que viva a expensas deste e reúna os requirimentos necesarios para se beneficiar da reagrupación familiar.
     - Estranxeiros cuxa residencia en España sexa considerada de interese público.

Español l Galego