6.1. - 121 UN EMIGRANTE ESPAÑOL QUE REGRESA ¿PODE TRAER CON EL Á SÚA FAMILIA CANDO ESTA NON TEN NACIONALIDADE ESPAÑOLA?
Por aplicación do RD 178/2003, de 14 de febreiro, os familiares dos españois non serán considerados como inmigrantes a efectos da entrada e permanencia en chan español, sempre que se trate dos seguintes supostos:
a.- O seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito.
b.- Os seus descendentes e ós do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade que vivan ás súas expensas.
c.- Os seus ascendentes e ós do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, que vivan ás súas expensas, coa excepción dos ascendentes dos estudantes e dos seus cónxuxes.