7.10. - 151 ¿QUE É UNHA "PROBA DE CONXUNTO"?
Trátase dunha proba cuxa superación sinálase como condición para conseguir a homologación dun título estranxeiro. Esta proba deberase superar na Universidade pública española que libremente escolla o interesado, que teña implantados os estudos conducentes á obtención do correspondente título español. Pode ser unha proba de conxunto xeral, sobre os coñecementos xerais que corresponden ó título español, ou ben unha proba de conxunto específica sobre as materias nas que se apreciaron carencias de formación.