7.14. - 155 SE O EMIGRANTE RETORNADO PROVÉN DA U.E. ¿A QUE TRÁMITES ESTARÁ SOMETIDO O TÍTULO ACADÉMICO DO QUE SEXA POSUIDOR PARA PODER SER RECOÑECIDO EN ESPAÑA?
Existe un recoñecemento profesional dos títulos obtidos nalgúns dos 25 estados membros da UE e daqueles outros que son parte do Espazo Económico Europeo, cuxa finalidade é a superación dos obstáculos, especialmente os referidos á titulación, que o cidadán dun Estado pode encontrar para acceder ó exercicio dunha determinada actividade profesional noutro. Os principais beneficiarios do mesmo son, por conseguinte, os profesionais e non os estudantes.
Os efectos deste recoñecemento son exclusivamente profesionais, é dicir, conducen á autorización de exercicio dunha profesión concreta no Estado de acollida.
Afectan ás seguintes profesións: Médico e Médico Especialista, Enfermeiro responsable de coidados xerais, Matrona ,Odontólogo ,Veterinario ,Farmacéutico ,Arquitecto.