p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
7


Educación
Preguntas
seccion7pregunta4
7.4. - 145 ¿QUE REQUIRIMENTOS É NECESARIO QUE CUMPRA UN TÍTULO ESTRANXEIRO QUE PRETENDA HOMOLOGARSE EN ESPAÑA?



Os títulos estranxeiros cuxa homologación se solicita deben cumprir os seguintes requirimentos:
Tratarse de títulos expedido por unha Universidade ou centro de educación superior estranxeiro.
O centro expedidor do título debe ser oficial ou estar debidamente autorizado conforme ás disposicións legais, regulamentarias ou administrativas do correspondente Estado.
Se os estudos se realizaron total ou parcialmente nun centro estranxeiro situado en España, dito centro debe estar debidamente autorizado para impartir tales estudos pola Administración educativa española competente.
Os títulos deben ter validez oficial no sistema educativo do país ó que correspondan.
O título debe avalar uns estudos efectivamente cursados conforme ó sistema educativo do país que os expide.
Debe existir suficiente equivalencia co título español de referencia, tanto no nivel académico ó que corresponde, como na duración e contidos dos estudos requiridos.
A homologación deberá ser solicitada con referencia a un título universitario oficial español vixente e implantado nos niveis de Diplomado, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Doutor.
Non poderán homologarse diplomas ou títulos que as Universidades, en uso da súa autonomía, establezan.
Non poderá concederse a homologación a títulos españois cuxos proxectos de estudos se extinguisen ou que aínda non estean implantados na súa totalidade en ,polo menos ,unha Universidade española.


Español l Galego