8.12. - 167 ¿ QUE TIPO DE PRESTACIÓNS ASISTENCIAIS EXISTEN PARA O EMIGRANTE RETORNADO?
O Goberno español prevé a existencia de dúas medidas fundamentais a favor do emigrante español.
A.- Prestacións asistenciais para anciáns residentes no estranxeiro:
Esta medida persegue o establecemento dun mínimo de subsistencia para os españois -de orixe-, residentes no exterior, que emigraron do noso país e que, unha vez alcanzada a idade da xubilación carecen de recursos.
O mínimo establecido virá establecido segundo o país de que se trate. Para ter dereito a acceder a esta prestación é preciso cumprir os seguintes requirimentos:
Ser español de orixe
Ter a condición de emigrante.
Ter cumpridos 65 anos no momento da solicitude.
Residir legal e efectivamente no estranxeiro. Este feito ha de se acreditar mediante a inscrición no rexistro de matrícula. Exceptúase o caso dos españois que emigraron no período 1939-1942 que poden percibir en España determinadas prestacións.
Non pertencer a comunidades, institutos ou organizacións relixiosas que, polas súas regras ou estatutos, estean obrigados a prestarlles asistencia.
Carecer de rendas ou ingresos suficientes.
Dende o 01/01/06 os emigrantes españois que retorne e cumpran os requisitos para cobrar unha pensión non contibutiva, agás os períodos de residencia en España, poderán solicitar tamén esta pesión asistencial por ancianidade en favor dos emigrantes españois. Esta norma terá unha retractividade de 2 anos, así que poderán beneficiarse os que retornaron dende o 01/01/2004 (Real Decreto 16/2/2005).
B.- Axudas para facilitar o retorno.
Dentro deste sistema de axudas, o Estado estableceu numerosos programas, algúns de carácter asistencial e outros de carácter educativo, cultural, asociativo etc.