8.2. - 157 ¿QUE É UNHA PENSIÓN DE XUBILACIÓN CONTRIBUTIVA?
As pensións contributivas de xubilación son aquelas que se financian coas achegas efectuadas polo traballador e pola empresa ó Sistema de Seguridade Social. Supoñen o recoñecemento dunha renda mensual, vitalicia, única e imprescritible. Recoñécenselle a aqueles traballadores que cesan na súa vida activa e cumpren requirimentos como:
Ter cumprido as idades mínimas
Ter estado afiliados e ter cuberto un período mínimo de cotización. É importante o feito de que non é relevante a residencia en territorio español, xa que existe a posibilidade de exportar esta prestación.