8.3. - 158 ¿QUE É UNHA PENSIÓN DE XUBILACIÓN NON CONTRIBUTIVA?
As pensións non contributivas de xubilación están destinadas a aquelas persoas carentes de recursos propios suficientes que non cotizaron nunca ou non o fixeron o tempo suficiente para ter dereito á pensión contributiva. Han de reunir os requirimentos seguintes:
Idade de 65 anos, xa que non existe pensión de xubilación non contributiva anticipada.
Carencia de rendas ou ingresos suficientes.
Ter residencia legal en España no momento da solicitude. A conservación desta pensión supedítase a que dita residencia se siga mantendo.
Acreditar ter residido en España durante 10 anos a computar no período comprendido entre os 16 anos do solicitante e a da devengo da pensión. De eses 10 anos, polo menos 2, haberán de ser consecutivos e inmediatamente anteriores á solicitude.
Non é esixible para solicitar esta pensión que se traballase anteriormente nin que se contribuíse un período mínimo.