p1 
Secretaría Xeral de Emigración
p2 
p3 
p4
?
Guía legal
preguntas respuestas
 
8


Seguridade Social
Preguntas
seccion8pregunta5
8.5. - 160 ¿CON CARÁCTER XERAL, COMO FUNCIONA O SISTEMA DE PENSIÓNS ENTRE ESPAÑA E OS PAÍSES DA U.E., SUÍZA E/OU O E.E.E.?


Entre estes países a regra xeral é a aplicación da "norma comunitaria de coordinación" (aínda que se admite determinadas excepcións).

Esta norma aplícase ós seguintes colectivos:

1.- Traballadores
2.- Estudantes
3.- Familiares e superviventes dos anteriores.

Estas normas de coordinación teñen un obxectivo prioritario: protexer ós traballadores migrantes, de forma que se asimilan as condicións análogas que tivesen lugar no marco dun sistema legal ou nun territorio estranxeiro, creando o simil de que ocorreron no territorio do Estado cuxa lexislación de Seguridade Social resulta aplicable

Aplícaselle o chamado "principio de totalización" para determinar se un migrante ten ou non dereito á pensión

O principio da "totalización" é unha técnica que permite asimilar aquelas condicións análogas que tivesen lugar nun territorio estranxeiro para o cumprimento de requirimentos, como períodos de carencia, que se esixan para o cumprimento dunha norma nacional . O que se asimila son os períodos se seguro, emprego ou residencia ocorridos no exterior e cuxa agregación permite ó traballador migrante cumprir os períodos de carencia esixibles na norma nacional aplicable (por exemplo, se para a xeración dunha xubilación de carácter contributivo é preciso ter cotizado durante un período mínimo de 15 anos, estes 15 anos poden obterse despois de computar a cotización realizada en España e en calquera dos países membros da UE, EEE, ou Suíza).

É dicir, que entre determinados países (os pertencentes á U.E e ó espazo E.E.E ,por aplicación dos Regulamentos Comunitarios e aqueles outros países cos que España firmase convenios internacionais en materia de Seguridade Social, por aplicación do convenio bilateral), as cotizacións e achegos ós distintos sistemas de Seguridade Social serán tidas en conta en España, a efectos de prestacións ou pensións especificadas. En concreto, para prestacións por enfermidade e maternidade, prestación por desemprego, subsidio de defunción, prestacións familiares, subsidios familiares e de orfandade, pensións de invalidez, de vellez ou de supervivencia.


Ademais, entre países membros da U.E ou do E.E.E existe a posibilidade de exportar as prestacións en metálico de invalidez, vellez, supervivencia, accidentes de traballo, enfermidade profesional ou defunción e, en determinados casos, tamén as prestacións en metálico de maternidade ou defunción.


Español l Galego